Os dous rexedores anuncian que haberá patrullas para garantir que se cumpren as medidas anticovid e que non se realizan lumes naqueles lugares non autorizados

Os concellos de Cangas e Moaña reforzarán o seu servizo de Policía Local esta noite ante a celebración do tradicional San Xoán, a pesar de que non será como manda o costume, segundo informaron os dous rexedores, Leticia Santos de Moaña e Victoria Portas de Cangas.

En ningún dos dous concellos están autorizadas as fogueiras en espazos públicos e nos privados só aquelas que foron previamente comunicadas ao consistorio e que obtiveron a autorización. Os axentes encargaranse de vixiar que se cumpran as medidas anticovid e, ademais, que non se realicen lumes en lugares non permitidos, por exemplo nas praias.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí