Escultura de Lito Portela "Cabeza Pensante" Seleccionada para á ocasión en homenaxe a Paco Ferreira.

O líder de XM, Javier Carro, non quere entrar a valorar a valía do expresidente da AAVV de Tirán, Paco Ferreira, pero si pon en dúbida o procedemento que levou a cabo para instalar a estatua na súa honra nos terreos anexos á Biblioteca e que formou parte da homenaxe e recoñecemento que esta entidade fixo á súa exdirectivo.

«Na comisión de Obras e Servizos, celebrada o día 25 de Maio, a Tenente de Alcalde e Concelleira de Obras e Servizos, Marta Freire, en relación á miña pregunta de se a Brigada de Obras e Servizos realizo a obra para poñer a escultura ou se lle pediron autorización para iso ao ser terreos municipais e protexidos por Patrimonio, ela contestou que non», lembra Carro que reproduce, tamén, a resposta do edil de Cultura noutra comisión. » Fágolle dúas preguntas relacionadas entre se, ¿solicitaron autorización a Patrimonio sobre a instalación da devandita escultura con pedestal? e ¿tiña vostede constancia da mesma?», ao que, segundo o representante de XM, Juncal contestou negativamente. “Non se pediu ningunha autorización», reproduce.

Así, Carro critica que «ou ben este goberno cada un vai ao seu e só póñense de acordo para saír nalgunha que outra foto ou alguén invade competencias do outro e nin se decatan de nada».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *