Os menores unha actividade do campamento de 2019.

O Concello de Moaña abre o prazo de inscrición para os campamentos de verán que organiza o consistorio no colexio Reibón para nenos e nenas de entre 3 a 12 anos en horario de 9:00 a 14:00 horas, aínda que tamén haberá servizo «Bos días» de 8:00 a 9:00 horas. Exponse desde o 4 de xullo ata o 26 de agosto e as prazas serán limitadas e adxudicadas por sorteo no caso de que excedan da cota máxima de 100 alumnos por semana. Nesta edición non haberá servizo de comedor nin de merenda pero as familias poderán mandarlles un piscolabis para media mañá. O custo por semana será de 25 euros.

Doutra banda, e por primeira vez, tamén levará a cago o programa Moaña Lúdica as últimas semanas de xuño e de agosto. Do 27 de xuño e ata o 1 de xullo na Casa da Mocidade e do 29 de agosto ata o 2 de setembro no colexio Reibón e o Centro Multiusos de Meira. Haberá actividades ambientais e deportivas. Neste caso a asistencia será gratuíta limitada a menores de entre 6 e 12 anos cun máximo de 50.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *