Medio milleiro de persoas asistiron esta tarde á concentración en apoio ás familias de Nerga afectadas polas ordes de derriba das súas casas, emitidas nas últimas semanas pola Xunta. Os propios afectados e os seus familiares acudiron con carteis nos que rezaban frases como «A miña casa non se tira», «A túa fortuna, a miña ruína» ou «24 anos embargado para entullo, basta xa». Pero sen dúbida, o berro ao unísono que máis sonou foi o de «A miña casa non se tira!».

Os afectad@s cos carteis.

Estas familias, desesperadas, tratan de buscar apoios e de recompilar toda a documentación para frear a demolición. Precisamente, esta mañá a alcaldesa acudiu a Nerga para conversar con elas e comprometeuse a estudar a situación para buscar fórmulas desde o Concello que lles axuden a evitar a derriba xa que, na década dos 90, foron construídas con licenza municipal e desde entón pagan relixiosamente todos os impostos. Precisamente, a comunicación da Xunta sorprendeulles porque ata o de agora nada lles facía sospeitar desta suposta ilegalidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *