A columna de fume é visible dende toda a Ría.

Un incendio na zona de Quintáns, na parroquia de Meira, en Moaña, mantén en máxima alerta aos veciños e aos medios de extinción, tanto terrestres como aéreos porque as lapas ameazan a varias vivendas. Segundo os propios veciños, que traballan intensamente para evitar danos maiores, afecta tanto o monte como tamén aos terreos que se atopan entre as vivendas. De feito, crese que comezou no medio das casas.

Ata o lugar desprazouse a Policía Local e dous helicópteros para tratar de controlar e extinguir as lapas. O vento está a dificultar as tarefas.

Na zona atópase tamén a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, que está a axudar aos veciños para apagar o lume. Santos asegura que se está facendo todo o posible por para evitar que chegue ás vivendas e que de momento non pasou grazas ao intenso esforzo que os veciños levan facendo desde que saltou a alarma ao redor das 16:00 horas.

A columna de fume é visible desde toda a Ría. Neste momento xa se cortou á circulación a autovía do Morrazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *