A Alcaldesa expedindo o seu certificado de Covid no punto habilitado no Concello.

O Concello de Marín acollerá nas dependencias municipais un Punto de Certificados Covid durante todo o mes de agosto. A Xunta de Galicia habilita estes puntos como espazos administrativos nos que poder levar a cabo os trámites relacionados coa pandemia, de tal xeito que se poida liberar desta carga aos centros de saúde.

Este punto estará aberto de luns a venres, de 09.00 a 21.00 horas, e os sábados de 09.00 a 15.00 horas.

¿Qué se pode expedir neste Punto de Certificado Covid?
– O certificado de proba diagnóstica negativa
– O certificado de vacinación con pauta completa
– O certificado de enfermidade pasada

Tamén é posible activar a Chave365 ou o certificado dixital, que permite ter acceso a todas as tramitacións que se poden ver en É-Saúde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *