Festa Corsaria en edicións anteriores.

O mes de agosto na nosa vila non contará cunha das citas clásicas desde os últimos anos. O Concello de Marín anunciou esta mañá a suspensión da Festa Corsaria, un evento que nas circunstancias sanitarias nas que nos atopamos sería moi difícil de realizar dada a súa natureza.

Deste xeito, tal e como adiantaron fontes municipais, o único que se manterá desta celebración será a Feira de Artesanía, que se colocará na Alameda a fin de semana do 13 ao 15 de agosto.

Ademais, co obxectivo de manter vivo o espírito da festa, colocarase algún elemento decorativo simbólico nalgún punto céntrico da vila, que recorde que esta festa volverá o ano que vén ou en canto se poida con toda a súa forza habitual.

Por outra banda, outras citas que normalmente formaban parte do calendario estival da vila, como a Operación Kilo ou o Son de Marín tampouco se puideron celebrar, pero tratarán de encaixarse, e a situación o permite, no mes de setembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *