A feira contou con gran afluencia de público.

O 80% da/os participantes, móstranse satisfeitos co volumen de negocio facturado durante o “Stock Marín”, polo que o evento se consolida como a mellor maneira de darlle saída aos stocks acumulados. Así valora o CCA Estrela de Marín a feira desta fin de semana.

As enquisas que se lle fixeron chegar a todos os establecementos, reflicten outros datos significativos, que o 100% dos negocios, participarían nunha terceira edición do evento e o 50% e que estarían interesados en poñer en marcha un novo “Stock Marín”, coincidindo coas rebaixas de inverno. Esta opción haberá que estudiala, na Mesa Local de Comercio, para ver a viabilidade dunha edición de inverno.

Os comercios, destacaron tamén as medidas de prevención que se aplicaron por mor da pandemia. En todo o momento, se controlou o aforo e a obriga do uso da máscara e do xel hixienizante. Ademáis o percorrido creado, fixo posible que todos os clientes visitasen a todos os establecementos participantes.

Colaboración co Concello

Desde Estrela de Marín, queremos agradecer a colaboración do Concello que sufragou os custos da montaxe e parte dos custos do control e vixianza do evento. «Ponse de manifesto unha vez máis, que cando se traballa conxuntamente os obxectivos que se marcan, son máis doados de alcanzar», indican.

Na vindeira Mesa Local de Comercio dende Estrela solicitán ao Concello que todas as medidas de reactivación comercial se poidan consensuar co sector. Ademais, demandarán que a Administración local poida canalizar o proxecto que
presentarán ao Ministerio de Industria, Comerio e Turismo, xa que serán os concellos os que deban canalizar as peticións dos centros comerciais abertos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *