Paso de peóns de acceso ao concello de Marín.

Xa se están executando os traballos, nos que se investirán máis de 31.000 euros

O mantemento dos nosos viais urbanos é fundamental a nivel de seguridade vial e estético, por iso desde o Concello de Marín encargouse a rehabilitación de todo este pintado de marcas viarias, no que se están investindo máis de 31.000 euros.

As rúas nas que se actuará son:


● Rúa Tiro Naval Janer
● Praza de España
● Avenida de Exército e Marina
● Paseo de Lameira
● Rúa de Serafín Tubío
● Rúa da Ponte
● Rúa do Doutor Touriño Gamallo
● Rúa de Concepción Arenal
● Rúa da Estrada
● Rúa de Méndez Núñez
● Rúa de Vidal Pazos
● Rúa de República Argentina
● Rúa de Quevedo
● Rúa de José Trasande
● Rúa de O Carballiño
● Rúa do Forte


Ademais, a Xunta de Galicia ten previsto tamén realizar un pintado destas marcas na Rúa Jaime Janer, polo que con esta actuación se fai un importante lavado de cara ás principais rúas do centro urbano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *