Un veciño de Marín, de 85 anos, foi atopado morto onte á noite na súa casa, un piso situado no número 2 da rúa Carballiño, no centro da localidade. Veciños avisaron dun forte cheiro no edificio que procedía do interior da vivenda, moito máis intenso que noutras ocasións cando estaba provocado pola sucidade que acumulaba dentro.
Ata este lugar trasladáronse os Bombeiros do Morrazo, que se encargaron de acceder por unha xanela ao piso coa axuda dunha autoescalera para abrirlle a porta da vivenda á Policía Local. Foi nese momento cando se atoparon ao octoxenario, que vivía só, en avanzado estado de descomposición. Todo apunta a que a morte foi por causas naturais.
O operativo provocou gran expectación debido a que os axentes cortaron a rúa para permitir o traballo dos Bombeiros e o posterior levantamento do cadáver.