O 'festón' presentouse hoxe no Ecoparque.

Haberá DJ, zona gastro, pintacaras, rastrexo, un novo espazo de xogos celtas, agasallos e moitas sorpresas máis

Un “festón” para festexar a primavera en Marín. O Ecoparque Multiaventura Rías Baixas e o Concello de Marín organizan o domingo, 14 de maio, o “Primavera Fest”, unha xornada diferente pensada para o divertimento de públicos de todas as idades. O evento celebrarase desde as 10 ata as 19 horas, pero o máis destacado terá lugar pola mañá.

Ás 10:30 horas comezará o pintacaras, que fará as delicias dos máis pequenos e pequenas, xunto a outra sorpresa que lles encantará: doces á súa disposición ao longo do parque multiaventura. Pola súa banda, o rastrexo será entre as 11 e as 14 horas. En grupos de vinte persoas, o rastrexo é un xogo de orientación guiado por actores e actrices co que aprender a
historia da zona. Tanto esta como o pintacaras son totalmente gratuítas.

Quen acuda ao ecoparque o 14 de maio atopará moitas máis sorpresas e novidades. Por exemplo, un DJ amenizando a xornada do domingo e unha zona gastro con terraza donde repoñer forzas, tanto os nen@s coma maiores. Por outra banda, o público que asista recibirá un agasallo e un desconto do 10% na súa próxima reserva.

Ademais, o Ecoparque Multiaventura ofrecerá unha nova zona de xogos celtas e os habituais Circuítos Arbóreos-Tirolina, os cales se poden disfrutar en familia. E só este domingo 14, cun prezo simbólico de cinco euros por persoa. É menos da terceira parte do prezo habitual, que oscila entre os 16 e os 22 euros, unha proposta coa que o Ecoparque quere animar á participación de tod@s nas actividades.

“Porque Marín é máis que praia”, como sinala o ecoparque, Aventura Rías Baixas e o Concello decidiron sumar forzas e abrir as portas do recinto a toda a cidadanía, para gozar dun día diferente e unha experiencia única. Por cuestións de aforo, para participar é preciso a inscrición previa en www.primaverafest-aventurariasbaixas.com.

Aventura Rías Baixas

O Ecoparque Marín ofrece unhas instalacións multiaventura únicas en Galicia, que pola súa estratéxica localización nas Rías Baixas, no medio dunha coidada masa forestal, con vistas á ría de Pontevedra, resultan moi acolledoras e un espazo idílico para realizar prácticas deportivas en pleno contacto coa natureza. Mozos de calquera idade, maiores, grupos escolares ou empresas, parellas, familias e amigos, todos poderán poñer a proba as súas habilidades e emocións nos nosos circuítos, ou en actividades e xogos programados polos nosos animadores.

Na estrada Marín-Moaña atópase a Finca do Cadro, que alberga o Ecoparque Municipal de Marín. Innovador e moderno, o Parque Multiaventura e de Turismo Activo ofrece catro circuítos suspendidos a diferentes alturas e dotados cun número variable de xogos de diversa dificultade, máis dous circuítos de iniciación. En total suman máis de 70 xogos diferentes, con tirolinas de ata 120 metros de lonxitude e 11 metros de altura. Disfruta dunha marabillosa contorna do parque con vistas a ría de Pontevedra e á illa de Ons.

Por suposto, ofrecen un «cómodo aparcamento, cafetería con servizo de comidas, merendeiro no bosque, aseos e oficina de atención personalizada». Reserva e goza!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *