A chegada dos Maios e as Festas de Cantodarea comparten espazo co VI Open de boxeo e a espectacular saída da Volta España Feminina, que partirá da Praza de España o domingo a partir das 11.00h
“Marín é unha vila dinámica, activa e preparada para ser o escenario perfecto para os nosos eventos de sempre, pero tamén para eventos nacionais e internacionais que nos poñen no mapa”. Así resume a alcaldesa, María Ramallo, a programación que se espera na vila para esta ponte, que concentrará en Marín a milleiros de persoas visitantes.
A tradición dos Maios
O día 1 de maio é sinónimo de florecer. Da man do Ateneo Santa Cecilia celébrase esta tradición. Ás 12.00h, concentración de Maios na Alameda e pola tarde, ás 17.00h, concurso de Maios e Embarcacións na Praza do Reloxo. Seixo tamén celebrará os Maios a partir das 18.30h na Alameda da parroquia da
man da Asociación Cultural Ronsel.
As Festas de Cantodarea a ritmo de Miramar
Cantodarea honra a San Xosé Obreiro hoxe e mañá, cunha programación chea de devoción, música e animación:
Xoves, 30 de abril
20.30h. Charanga Noroeste nas Rúas de Cantodarea
21.00h. Tamborrada no adro da Igrexa
21.30h. Charanga Jalácticos na Praza do Regueiro
Venres, 1 de maio
11.00h. Pasarrúas Airiños de San Xulián
12.00h. Misa por San Xosé de Cantodarea
13.00h. Pasarrúas e baile de Trompos Os Pés
18.00h. Pasarrúas Pousos da Area
19.00h. Procesión de San Xosé de Cantodarea, acompañada da Banda de Guerra da Brilat
22.00h. Orquestra Miramar
O evento máis grande de boxeo de España, en Marín
O SEI San Narciso acollerá a ponte completa o VI Open Villa de Marín, con máis de 700 participantes e 300 adestradores de toda España, Europa e outros continentes.
Un fito deportivo organizado polo Team Thunder, que contará con sesións de competición de mañá e de tarde, coa cerimonia de entrega de premios o domingo a partir das 18.00h. A élite do ciclismo feminino internacional sae desde Marín nunha Volta Ciclista Feminina de infarto
Despois de 10 anos, Marín volve ser o epicentro do ciclismo internacional. A saída da Volta Feminina by Carrefour será o gran acontecemento deportivo da fin de semana.
Será o domingo, 3 de maio, co corte de cinta ás 11.20h e un percorrido que atravesará as rúas Almuíña, Real, Sol, Concepción Arenal, Jaime Janer, Recamán, Ezequiel Massoni, José Trasande e Avenida de Ourense, para logo seguir pola PO-551.
Importantes avisos de mobilidade
● Desde o sábado, comezarán os traballos de organización e loxística.
● Non se poderá utilizar o parking público de Praza de España desde o sábado 2 ata o domingo 3 ao mediodía.
● Polo tanto, habilitarase parking alternativo no interior do Porto.
● O sábado poderase circular con normalidade pola Av. de Ourense e acceder directamente ao parking do Porto a través dun vial habilitado paralelo ao peche portuario, con entrada lateral polo Cemiterio de Chalanas.
● O domingo, a circulación pola Av. de Ourense SÓ chegará ata a rotonda nova. Nese punto SÓ se desvirará o tráfico por dentro do Porto para ir ao P habilitado. NON se poderá saír con vehículo á Praza de España.
● Nesa mañá, a parada de autobús frente á Praza de España estará anulada e ubicarase de xeito temporal unha na Avenida de Ourense, á altura do concesionario que hai despois da Biblioteca Municipal Vidal Pazos.
● Durante a saída da volta, poderán producirse cortes puntuais entre as 10.50 e as 11.45 horas nas rúas polas que pasa o percorrido, que son: Almuíña, Real, Sol, Concepción Arenal, Jaime Janer, Recamán, Ezequiel Massoni, José Trasande, Av. de Ourense.
En todo momento, haberá un importante despregue de Policía Local e persoal voluntario para axudar con calquera dúbida.

