Reparación do firme de unha das vías de Marín.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o inicio do expediente de contratación desta actuación, que contará cun investimento de preto de 100.000 euros financiado coa subvención do Plan Extraordinario Vía Depo.

O Concello de Marín avanza na mellora da súa rede viaria cun proxecto que permitirá reparar case 5.000 metros cadrados de firme en 15 vías e espazos do casco urbano e das parroquias do rural. A intervención centrarase na reparación de fochancas e de zonas deterioradas, especialmente tras o pasado inverno, para garantir o bo estado das infraestruturas e reforzar a seguridade viaria.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o inicio do expediente de contratación, unha vez preparado o proxecto. Este paso permitirá redactar os pregos que rexerán a licitación e avanzar na posterior adxudicación e execución das obras.

O investimento previsto ascende a preto de 100.000 euros, con cargo á subvención concedida a través do Plan Extraordinario Vía Depo da Deputación de Pontevedra.

Reparacións no casco urbano e nas parroquias

O proxecto abrangue unha superficie total de 4.841 metros cadrados, distribuídos nas seguintes localizacións:
● Centro da barriada da Cañota: 54 m2.
● Rúa Méndez Núñez: 340 m2.
● Praza do Regueiro: 32 m2.
● Rúa Sagrada Familia: 210 m2.

● Rúa Estivada: 82 m2.
● Rúa Pitanxo: 84 m2.
● Camiño dos Sapos: 53 m2.
● Contorna do cemiterio municipal da Raña: 426 m2.
● Acceso ao polideportivo da Raña: 1.006 m2.
● Camiño do Peso: 284 m2.
● Camiño en Pardavila: 81 m2.
● Acceso á Casa de Cultura de Mogor: 476 m2.
● Camiño en Cernello: 91 m2.
● Camiño en Vilaseca: 322 m2.
● Camiño nas Gaibas: 1.200 m2.

As actuacións de maior superficie concentraranse no camiño das Gaibas e no acceso ao polideportivo da Raña. Tamén se intervirá en accesos a equipamentos públicos, rúas residenciais e camiños das parroquias, atendendo ás necesidades de conservación destes espazos.

Con esta batería de reparacións, o Concello busca corrixir os danos do pavimento e mellorar as condicións de circulación, dando continuidade ao mantemento da rede viaria municipal tanto no centro urbano como no rural.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *