Antonio Blanco Freijeiro será desde mañá fillo predilecto da nosa vila. Ás 12.00
horas, o Salón de Plenos da Concello acollerá o acto de outurgamento desta
distinción aos historiador e arqueólogo.
Será a través da celebración dun Pleno extraordinario convocado por parte da
alcaldesa, María Ramallo, e no que intervirá tamén a concelleira de Cultura, Beatriz Rodriguez, instructora do expediente.
Despois, intervirá de novo a rexedora para poder facer entrega do diploma
acreditativo de fillo predilecto á familia, que estará representada en Gonzalo
Sancho Blanco.
O acto contará coa actuación da Coral Polifónica de Pontevedra, coa presencia do
seu presidente, José Carlos Valle, e coa presencia e intervención do presidente da
Asociación Reencontros coa Historia de Marín, Ángel García Carragal, como
entidade propoñente deste nomeamento.
Ademais, a todos os presentes entregaráselles unha pequena escolma ilustrada
de traballos dos artista sobre Marín e visionarase un vídeo no que discípulos do
arqueólogo e historiador falan da súa figura e da súa traxectoria, grabado durante
a última edición das Xornadas Blanco Freijeiro.