Edificio do Concello de Marín.

A dixitalización das Administracións locais é fundamental para poder seguir prestando servizos e realizando o traballo público da forma máis práctica e eficaz posible. Para iso, é preciso dotarse de ferramentas dixitais feitas por e para o traballo do sector público.

Este é o caso das plataformas GIS, é dicir, un sistema de información xeográfica, no que se pode recopilar, xestionar e analizar unha gran cantidade de datos, axudando a establecer patróns, realizar análises de situacións e tendencias, identificar problemas, monitorizar cambios e, en definitiva, poder tomar decisións máis acertadas en base á tecnoloxía big data. Así, aplícase a ciencia xeográfica ao mundo real, xestionando de xeito integral os datos do territorio municipal.

A adquisición desta ferramenta, como se dicía ao inicio, forma parte da dixitalización dos recursos públicos do Concello e supón unha inversión de case 18.000 euros, IVE incluido, cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *