Concelleiros e técnico municipal na vixiancia dos arenais.

Efectivos da brigada de Limpeza do Concello de Marín e persoal de Protección Civil informan, despois de realizar a ronda de vixilancia por todas as praias do municipios establecida no protocolo de actuación municipal, que non se atoparon pellets en ningún dos areais. Tampouco na Coviña, que onte quedou limpa de residuos.

Esta boa nova, din dende o goberno local, non supón que se vaian a deixar de realizar estas labores de vixilancia. Ademais, o Concello mantén activo todo o seu protocolo por se ao longo da fin de semana esta situación cambia e é preciso activar as brigadas de limpeza e recollida de pellets.

Quen queira apuntarte para realizar voluntariado no caso de que sexa preciso facer limpezas, pode mandar un mail a alcaldia@concellodemarin.es indicando nome e teléfono de contacto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *