A concelleira, Marián Sanmartín, xunto con Jose, de Metal Mundo; Jose, de Recilator, e Álvaro, de ArteOtro (canles nas que podedes seguir os seus traballos). Ao fondo, o contedor que convertirán ao longo destes tres días nun taller.

Desde hoxe, Marín convértese na capital española dos Makers! Traballo en madeira, con ferro, soldadura, arte, filosofía do it yourself, demostracións, reciclaxe e sostibilidade… Todo iso é o Spanish Makers Camp, que se celebrará na Pradeira (parroquia de O Campo) esta fin de semana, desde hoxe xoves ao domingo, sendo a primeira edición deste evento en España!

A entrada é libre e gratuita e poderase coñecer de cerca o traballo de máis de 30 profesionais deste sector, que tamén ten unha espectacular repercusión no mundo dixital, con miles de seguidores nas súas redes e canles de Youtube.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *