Os concelleiros co novo vehículo.

A brigada municipal de obras contará cun novo vehículo multiservicio novo, análogo aos que xa tiñan na frota municipal, para seguir prestando coa maior das calidades os traballos de mantemento que se realizan no espazo municipal.

Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín recibiron xunto co encargado da brigada este novo suministro, que se acadou grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental por importe de 34.485 euros, estando cofinanciado o 85%.

O vehículo terá unha garantía de 3 anos e axudará a modernizar a maquinaria desta brigada, que ten un intenso uso debido a todas as necesidades que existen día a día neste sentido.

Tempo de poda

Ademáis, a concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, tamén avanzou que xa está iniciada a poda outonal que se realiza nas zonas verdes do municipio. Estes traballos “adxudicáronse por lotes á mesma empresa, que presentou as ofertas máis vantaxosas”, explicou Acuña.

Tal e como relatou a edil, igual que se fixo o pasado ano, a poda será menos agresiva do que se viña facendo noutros momentos, “consistindo sobre todo na limpeza, retirada de ramas secas e demais labores de saneamento profundo, que permite que manteñamos follaxe nas copas das árbores”.

Esta é unha decisión que se agradeceu moito pola veciñanza, porque así conséguese que de cara á primavera sexan mantidas as zonas de sombra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *