A suba afectará ao IBI e á “viñeta”, o IVTM. No primeiro caso, actualizarase o valor catastral, que está aínda vixente o de hai máis de 30 anos, e no segundo incluirase unha bonificación de dous anos aos coches 100% eléctricos. A inflación, tal e como explicou o concelleiro, é o que obriga a este cambio na política fiscal municipal
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos Costa, defendeu onte no Pleno da Corporación a suba que se aplicará en Marín aos impostos do IBI e o IVTM, co obxectivo de seguir dotando ás arcas públicas de liquidez para poder asumir os enormes gastos sobrevidos pola inflación galopante que afecta á nosa sociedade, que incrementou en máis de 2 millóns de euros os gastos municipais.
“Despois de 16 anos cunha política de conxelación de taxas e impostos, agora temos que aplicar este cambio para poder facer fronte a unha situación enormemente complexa, tanto para as administracións de todos os niveis como para os propios cidadáns”, explicou o edil.
El caso del IBI, explica Santos, es especialmente relevante en Marín, porque sus valores catastrales son los de referencia de hace 37 años. Esta situación y su congelación en los últimos 16 años hace que “tengamos que aplicar la subida que se anunció hace unas semanas por parte del Concello”.
En todo caso, Santos destaca que, incluso aplicando estas subidas, “Marín é o municipio de máis de 20.000 habitantes de Galicia coa menor presión fiscal e seguiremos tratando de que así o sexa”.