Visita esta mañana al centro para conocer el programa de intercambio.

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, visitaron esta mañá o CEIP da Laxe, participante no programa ObservaAcción da Xunta de Galicia polo que se realizan intercambios docentes para traballar sobre formas innovadoras de desenvolver as competencias educativas

A educación debe estar sempre vencellada ao avance dos tempos. As sociedades cambian e por iso o xeito de educar e de transmitir coñecementos e valores debe evolucionar e abrazar novas formas de docencia. Así o entenden desde o CEIP da Laxe, que é participante do programa ObservAcción da Xunta de Galicia, coordinado polo CFR Pontevedra, e que trouxo durante esta semana a un equipo de mestres de Murcia, para coñecer a realidade educativa da vila e poder cruzar metodoloxías.

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, achegáronse ata o centro para dar a benvida aos mestres de El Palmar, que notan un cambio entre a súa situación educativa e a galega, da que destacan as ratios e a calidade da docencia e da vida en xeral da nosa zona.

Tal e como explicou a dirección do centro, esta é a terceira fase do programa, que a semana que vén tornará e levará aos docentes de Marín a visitar Murcia. As dúas primeiras fases desenvolvéronse no pasado curso, cun primeiro traballo interno entre o equipo docente do CEIP da Laxe e un segundo momento cun intercambio cun centro de Padrón. No caso de pasar á cuarta e última, o intercambio sería con outro colexio dalgunha rexión da Unión Europea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *