Edificio do Concello de Marín.

Serán tres plans de traballo que abordarán cuestións fundamentais na xestión, dixitalización, contabilidade e comunicación dos emprendedores. A inscripción realizarase a través da web www.apegalicia.gal

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, presentou o programa gratuito de formación “Táctic@ Local”, que se desenvolverá na vila, en varias sesións no Museo Municipal Manuel Torres, en colaboración coa asociación de APE Galicia. Esta formación, totalmente gratuíta está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras autónomas e pemes de Marín. Consta de 3 plans en tres áreas de traballo fundamentais para a prosperidade e competitividade dos negocios.

O primeiro será o PLAN DIXITALÍZATE E COMPITE, no que se formará ás persoas nos seguintes contidos:
● Kit Dixital: introdución e aproximación ás axudas encadradas baixo o Kit Dixital. O 23 de xullo de 2020 presentouse o Plan España Dixital 2025.
● Outras axudas. IGAPE. Re-Acciona: servizos de consultoría abertos para asesorar á empresa da maneira máis eficiente en diferentes áreas. Esta xornada será o mércores 7 de febreiro ás 20.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres. A segunda sesión será do PLAN COMUNÍCATE, que consistirá nunha guía práctica para facilitar a interacción telemática coas administracións. Os contidos serán:
● Certificados electrónicos
● Tipos de certificados (persoal, representación etc. )

● Como se solicitan (FNMT etc.)/ etc.)
● Programas necesarios (autofirma, como se instala,etc. )
● Trámites máis comúns ante as distintas administracións (vida laboral,
puntos DGT etc.)
● Exemplos de uso: Neste caso, a xornada desenvolverase o 21 de febreiro, no mesmo horario ca
anterior. Finalmente, estará o módulo AS CONTAS CLARAS, unha guía práctica para mellorar a saúde contable, con contidos como:
● Conceptos básicos de Contabilidade.
● Software de facturación adaptado á nova normativa.
● Factura electrónica.
Será o 6 de marzo.

As prazas serán limitadas e para acceder a unha será preciso inscribirse a través de www.apegalicia.es.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *