Os ediles de Marín na fonte de Troncosa revisando a web.

Do mesmo xeito que fixo cos lavadoiros, Marín crea unha web para poñer en valor as 70 fontes tradicionais que ten repartidas polo municipio. Os usuarios de www.fontesdemarin.com poderán atopar neste portal unha galería fotográfica de cada unha delas, unha imaxe a 360º, a xeolocalización de todas elas e unha pequena descrición para coñecer a súa historia. Esta mañá a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, e o edil de Medio Rural, Pablo Novas, presentaron o espazo dixital nunha das fontes restauradas recollidas no catálogo, a fonte de Troncosa.

“É importante que todo quede rexistrado e que calquera veciño ou visitante que teña interese en coñecer o noso patrimonio poderá facelo, soamente accedendo a este portal”, explicou Novas.

A pandemia devolveu o protagonismo ao rural e, segundo explicou o edil, actualmente hai moita demanda para coñecer os espazos abertos e naturais onde están situadas as fontes. Por iso é polo que desde o Concello apostásese por potenciar estes espazos tradicionais fundamentalmente situados nas parroquias de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *