As autoridades xunto á pancarta do Concello.

O luns celébrase o Día do Orgullo LGBTI+ e o Concello de Marín despregou este mediodía unha pancarta no balcón da Casa Consistorial para mostrar a súa reivindicación e apoio, para abandeirar o respecto e a tolerancia, para fomentar o amor libre.

A alcaldesa, María Ramallo; as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira, e a directora do CIM, Marián Sánchez, quixeron visibilizar que “o amor é diverso, libre e tolerante”, como reza a pancarta.

Tal e como se recolle no III Plan Estratéxico de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Marín (2017 – 2022), xestionado pola área de Empoderamento, Participación Sociocomunitario e Diversidade, o Concello pon en marcha accións transversais dirixidas á sensibilización e erradicación de calquera discriminación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *