O pasado xoves tivo lugar unha reunión ordinaria convocada do Consello Escolar Municipal. Dito órgano de consulta e participación está presidido pola alcaldía e conforman o mesmo a representación de 10 membros da Corporación en función da súa representación na mesma, entre os que está a responsable da área de educación, 10 vogáis en representación do professorado, 6 das asociación de Ampas, 4 do alumnado, e o representante da Consellería de educación como Inspector deste concello. En total 31 persoas, das que asistiron 28 a dita convocatoria.
Na orde do día se levaba a Proposta da Xefatura territorial de Educación para a delimitación das áreas de influencia e adscricións entre centros, dos centros educativos do Concello de Marín.
Dita delimitación foi exposta polo Inspector educativo tal e como fora remitida días previos na convocatória, posteriormente se abríu un turno de intervencións, onde se recolleron varias propostas que serán analizadas polo órgano competente e se aportaron possibilidades a ter en conta. As intervencións foron moitas que serán analizadas desde a consellería de educación.
Se analizaron tamén as ratios do profesorado polos distintos centros educativos de ensino público, e se deu conta do Plan de Formación que xa se está levando a cabo entre os distintos centros a través dos distintos programas xa deseñados.
Para finalizar se deron conta das principais inversións levadas a cabo nas anualidades 2021 e 2022 nos centros públicos, entre as que se atopan as reformas integrais do IES Illa de Tambo, CEIP Carballal e en execución CEIP Sequelo.
As melloras en distintos centros como Chan do Monte, e as necessidades que se repartiron en todos os centros en virtude das necesidades amosadas ao concello que acadan unha cifra superior a 180.000 €.
Así mesmo desde o Concello se aportou o esforzo que en materia de mantemento se está levando a cabo pola aplicación do protocolo de limpeza COVID a día de hoxe vixente e que incrementou de xeito exponencial o gasto que a estos conceptos se tiñan destinados e consignados.
Na reunión se aportaron moitos datos das preguntas que foron formuladas e tivo una duración de máis de 3 horas, co que dou tempo a analizar as prioridades e a valorar distintas aportacións que se fixeron por parte dos distintos estamentos que o configuran.