O concelleiro Manuel Santos, a edil Marián Sanmartín e a alcaldesa María Ramallo no pleno.

O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, explicou no Pleno da Corporación celebrado hoxe que se trata dun orzamento que supera os 16,3 millóns de euros e que prioriza o gasto “en calidade urbana, en asistencia social, en deporte e cultura e, en xeral, na blindaxe de todos os servizos públicos esenciais nun municipio”.

Marín xa conta con Orzamento aprobado para o 2024. O Pleno da Corporación celebrado hoxe no Concello deu luz verde ao documento orzamentario que establece as contas municipais en 16.342.099,05 euros, o que supón cerca dun millón de euros máis ca no ano 2023.

Con respecto aos ingresos, tal e como vén sendo habitual noutros exercicios, aproximadamente o 52,5% provén tanto das taxas e impostos directos e indirectos do Concello, sendo o resto de 47,5% procedentes da participación nos Tributos do Estado e da Xunta de Galicia.

En canto ao gasto, o destino dos fondos públicos repártese da seguinte forma:

1.- Seguridade cidadá (Policía Local e Protección Civil) e mobilidade urbana: 1.699.213,52 euros (10,41%)
2.- Urbanismo e vías públicas: 1.259.231,80 euros (7,72%)
3.- Servizos de abastecemento, alcantarillado e alumeado público: 2.183.221,96 euros (13,40%)
4.- Limpeza de espazos públicos e xestión de residuos urbanos: 2.405.921,37 euros (14,72%)
5.- Mellora medioambiental e mantemento de parques e xardíns: 850.007,66 euros (5,20%)
6.- Servizos Sociais e Emprego: 1.402.954,05 euros (8,5%)
7.- Educación e Deporte: 1.522.604,8 euros (9,32%)
8.- Cultura e Festas: 1.172.565,55 euros (7,18%)
9.- Turismo e Comercio: 200.695,01 euros (1,23%)
10.- Administración xeral do Concello, Dixitalización e Participación cidadá: 2.949.700,36 euros (18,06%)
11.- Endebedamento: 695.982,97 euros (4,26%)
No capítulo de inversións, Santos lembrou que os fondos propios non permiten asumilas, pero que se impulsarán proxectos relevantes na vila grazas ao traballo de xestión con outras administracións, que cofinancian moitas das actuacións presentes e futuras no municipio.

Pagada a práctica totalidade das facturas pendentes do 2023 a proveedores

Por outro lado, tamén foi aprobado no Pleno un expendiente de recoñecemento extraxudicial de crédito que permitirá abonar practicamente a totalidade das facturas pendentes do 2023 cos proveedores do Concello. Tal e como explicou Santos, deixar estas facturas saldadas con este recoñecemento, “foi un gran esforzo de xestión nun momento coma este, no que a inflación disparou os gastos dos concellos, facendo o mesma ca noutros anos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *