A programación do Entroido marinense rematará este domingo 17 de marzo pola tarde, coa celebración do desfile na parroquia de San Xulián. A organización correrá a cargo da comparsa local Os da Caña, coa colaboración do Concello de Marín e a Comunidade de Montes de San Xulián.

Os participantes están convocados ás 16.00 horas para dar comezo ao desfile a partir das 17.00 horas. O inicio será na estrada xeral EP-0019, coa finalización no adro das festas, onde a organización ten preparado un final de festa con animación musical a cargo do Dúo La Mecánica, ademais de varios sorteos con regalos donados por empresas e comercios.

No desfile está confirmad a presenza das comparsas locais Os da Caña e Os Paparrulos, así como outras que chegan de diferentes puntos da provincia, como Os Canecos, de Poio: As Sonecas e Os 100Tolos, ambas de Campelo; Os Solfamidas, de Campo Lameiro; Os Miúdos, de Arcade; Las Flores del Carnaval, de Monte Porreiro e Os Retrincos, de Xeve. Tamén estarán a murga As Faltriqueiras, de Bueu e grupos como Amigos dos Rapaces, de Marín; Moreira a Tope, de Soutomaior; Grupo de Carnaval Samieira, A Pandilla de Ponte Caldelas e por último, Os Remolóns, de Vilagarcía.

A asociación organizadora convida a veciños e veciñas a participar desta actividade, que “organizamos con ilusión e esforzo para aportar ocio e diversión á parroquia”. Ademais, avisan de que contarán con carpa por se o tempo non acompaña. Agradecen a colaboración tanto ao Concello como á CCMM e a todas as firmas comerciais que parricipación. Por outra banda, avisan de que estará dispoñible o aparcadoiro de Viñas Blancas, que conta cunha capacidade de arredor de 50 prazas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *