O Concello informou da finalización da renovación e colocación de novos puntos de luz do alumeado público no casco urbano de Seixo. En concreto, actuouse sobre 78 luminarias nas seguintes rúas:
– Camiño Vello, desde a estrada Grupo Escolar a Don Román Pintos Lusquiños
– Estrada do Grupo Escolar
– Rúa María González Rubido
– Estrada da Torre (Seixo de Abaixo)
– Dende a Ponte Guimeráns ata a unión coas Abesadas
Este proxecto continúa coa senda de renovación das luminarias de todo o termo municipal para que pasen a ser de tecnoloxía LED.
A actuación supuxo unha inversión de 37.954,02 euros, cofinanciados polo Fondo de Compensación Medio Ambiental, de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.