Maribel Longueira chegará ao Museo Torres coa súa cor da clepsidra
A artista Maribel Longueira será a protagonista da exposición que se poderá visitar o próximo mes no Museo Municipal Manuel Torres e que se inaugurará hoxe ás 19.00 horas. Unha mostra protagonizada polo textil coloreado con tintes naturais, que nos fai reflexionar sobre a arte do tintado, como foi marcando a historia antropolóxica da moda e como a día de hoxe o natural foi substituído por cores sintéticas, utilizando incluso materiais perxudiciais para a saúde.
Licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, esta artista coruñesa leva desde 1990 adicada á fotografía, formándose con profesionais da imaxe como Chema Conesa, Isabel Muñoz, José Ma Mellado, Isaki Lacuesta, …Christian Caujoulle, Rickky Davila ou Castro Prieto, entre outros.
Na actualidade comparte o interés da fotografía co mundo textil, na súa faceta de cor, experimentando con diferentes fibras textís, lá, algodón, seda…