Laura Nieto Zas, en una intervención del Galp Ría de Pontevedra.

Estudiou Inxeñería de Montes e está especializada en silvopascicultura pola Universidade Politécnica de Madrid. Laura Nieto Zas estivo ao frente do Grupo de Acción Costeira da Ría de Pontevedra unha década e desde 2016 é a xerente do Grupo de Acción Local Pesqueira da Ría de Pontevedra. Un traballo que desempeña axudada polo seu bo humor e carácter próximo.

MN.- Se tivese que explicar en poucas palabras que é o Galp e, en concreto, o Ría de Pontevedra ¿cómo o faría?

LN.– O GALP é unha asociación sen ánimo de lucro fundada por entidades do territorio para xestionar fondos europeos seguindo un programa estratéxico propio en torno aos recursos da Ría de Pontevedra e o seu sector pesqueiro, en particular.

O GALP Ría de Pontevedra está integrado por todos os concellos da área de influencia da Ría de Pontevedra as súas confrarías e asociacións e aberta á entrada de todas as entidades que queiran contribuír ao desenvolvemento sustentable da contorna da Ría. Os formularios para solicitar á adhesión están dispoñibles na nosa web.

MN.- Fundamentalmente coñécese na contorna pesqueira pero ¿está a abrirse ao cidadán a cada vez máis?

LN.- Esta é unha das tarefas máis importantes para nós. O sector pesqueiro é moi retraído, adoita non ter presenza social mais que cando algún tema lle afecta, aínda que, noutros tempos, non era así. As confrarías teñen unha parte social que tivo moita relevancia en tempos pasados nos que as administracións locais tiñan menos peso. Hoxe en día, os GALPs sitúan de novo ás confrarías no centro de plans e fondos de desenvolvemento para o territorio e coido que poden contribuír de forma importante a xerar unha nova cultura do mar, máis preocupada polo recursos, a economía e o medio ambiente e inclusiva para todos.

Conforme os proxectos desenvolvidos no territorio aumentan, os GALPs son máis coñecidos pola veciñanza. Tamén imos mellorando en comunicación e conseguimos que as posibilidades de financiamento de proxectos que ten o GALP sexa máis próxima á cidadanía. Non é tarefa dun día, non temos esa capacidade, é unha tarefa máis de proximidade e de recomendacións persoais, de boca a orella.

MN.- 800.000 euros en 13 novos proxectos é moito diñeiro e, por tanto, máis emprego, máis coidado ambiental e máis competitividade para o sector pesqueiro da ría…

LN.- Si, é moito diñeiro e agardamos que os resultados e beneficios destes proxectos se perciban no territorio. Por desgracia perdemos algúns dos presentados na convocatoria de marzo polo camiño xa que a nova normalidade introducida polo COVID – 19 fixo que algúns dos proxectos formulados a finais de febreiro deixaran de seren viables.

Estamos ao final xa do período de execución do programa de axudas e temos eixes de proxectos que xa non podemos esgotar porque esgotamos o financiamento dispoñible. Nesta convocatoria financiamos proxectos vinculados ao sector pesqueiro, a protección do medio ambiente e a conservación do patrimonio e estes son os eixes nos que podemos financiar novos proxectos nas dúas convocatorias que nos quedan: setembro de 2020 e marzo de 2021.

MN.- ¿Qué pode destacar destes novos proxectos? ¿Teñen máis calidade?

LN.- Sí, son proxectos que agardamos supoñan un estímulo positivo cara o territorio e os recursos pesqueiros. Os proxectos recollen as tendencias da economía e do consumo. Así, tivemos proxectos orientados á unha maior elaboración dos molusco, á venta de pasteurizados listos para o consumo, algo que antes era impensable, máis é o que a xente demanda, pasar menos tempo na cociña, un minuto ao microondas e unha ameixas ou navallas, listas para consumir. Agora, nesta convocatoria os proxectos recollen as tendencias cara o consumo de peixe tamén listo para consumo e por esta liña van os proxectos en col dos lombos de peixe afumado.

Coido que é importante que se coñeza tamén a posibilidade de financiamento de proxectos de pequenos empresarios e autónomos, para a dixitalización das súas empresas ou para as adquisicións de equipamentos que lle sexan necesarios no seu día a día e que contribúan a unha modernización e mellor eficiencia enerxética dos seus negocios. Estas son posibilidades que coido están pouco aproveitadas polos empresarios e emprendedores.

MN.- ¿Cantos dos proxectos que foi financiando o GALP permanecen activos ou creceron ata converterse en empresas moi importantes?

LN.- Os proxectos do GALP teñen o compromiso de manterse activos polo menos tres anos despois da súa certificación final, por iso, todos os proxectos financiados seguen activos, este é o compromiso que adquiren os beneficiarios dos fondos, o xeito de devolver á sociedade o apoio económico recibido, a través do mantemento da súa actividade e do emprego xerado.

Sen contar cos proxectos propostos para aprobación nesta convocatoria de marzo que aínda non está resolta, o GALP Ría de Pontevedra prestou apoio a un total de cincuenta e cinco proxectos: 33 deles produtivos e 22 non produtivos.  

A meirande parte dos proxectos produtivos presentados corresponden a pequenas empresas xa existentes que empregan o noso financiamento para ampliar as súas liñas de negocio. Isto é especialmente frecuente no sector pesqueiro onde hai máis dificultade para vencer as barreiras de entrada no sector. Nestes casos estamos a falar de empresas asentadas, que manteñen un número importante de empregos no territorio dedicadas especialmente á comercialización e transformación de peixes e mariscos e depuradoras de moluscos. Porén, noutros sectores, coma o turístico financiamos os primeiros investimentos de empresas en creación.

Para nós todas as empresas son moi importantes e tentamos promover a maior distribución dos fondos posibles, axudando aos promotores á formulación de proxectos pequenos de investimento mais que contribúen, en moitos casos, con máis efectividade á xeración de emprego que os investimentos máis grandes.

MN.- En setembro hai outra oportunidade…

LN.- Agardamos que si, mais aínda non é seguro. Depende de que se produza ao longo dos meses de xullo e agosto, a resolución da Consellería do Mar da convocatoria de Marzo e se saiban os fondos dispoñibles para a de setembro.

MN.- Este ano foi algo diferente a causa do Covid-19. ¿Cómo o afrontou e como pretende facelo a partir de agora #ante un futuro económico tan incerto como o que se presenta?

LN.- Dende o GALP procuramos prestar apoio ao sector pesqueiro nos momentos máis fortes da pandemia e tamén nesta situación de nova normalidade á que todas as empresas teñen que adaptarse, tamén as do sector pesqueiro que fixeron un esforzo importante por achegarse aos clientes a partir das novas tecnoloxías. O GALP pode prestar ese apoio á dixitalización das empresas. Contamos con que se presenten proxectos desta índole que contribuirán tamén ao reforzamento das empresas ante novos desafíos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *