Exterior do restaurante Eiravella de Domaio.

Aínda que non conseguiron o seu obxectivo, dúas persoas encapuchadas trataron de roubar esta madrugada no restaurante Eiravella de Domaio, o mesmoque anos atrás era unha coñecida churrasquería na parroquia, e que foi aberto recentemente por un novo dono.

Segundo a propiedade, os cacos saíron correndo cando sonou a alarma porque todo o local encheuse de fume disuasorio. Despois pénsase que fuxiron nun coche que tiñan estacionado nas inmediacións e cando chegou a patrulla da Policía Local e da Garda Civil xa non había ninguén. Entraron no establecemento forzando a porta principal.

Garda Civil e Policía Local abriron unha investigación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *