Presentación do premio no Concello de Cangas coa presenza da Alcaldesa.

A Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea, da aldea mariñeira de Vilariño, convoca o Primeiro Mini Print Internacional “Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz”, en colaboración co Concello de Poio, lugar de nacemento do pai do Premio Nobel, e o Concello de Cangas.

Galicia súmase, deste xeito, aos concursos internacionais na categoría de Mini-Print coa par- ticularidade de poñer a nosa sensiblidade artística e o compromiso das entidades colaboradoras ao servizo da divulgación e defensa dos Dereitos Humanos.

Datas:
• Apertura da convocatoria: 10 decembro de 2022 (Día Internacional dos Dereitos Humanos)
• Inscrición en www.miniprint-galicia.gal e envío da obra e documentación antes 8 de marzo de 2023
• Premiación: 14 de abril de 2023
• Exhibición itinerante: 14 de abril ao 16 de xuño de 2023
As obras:
O premio está aberto a todas as disciplinas de estampación e obra dixital impresa. O tema deste primeiro certame é “A Paz”. As obras non teñen que ser figurativas relacionadas coa temática.
• Aceptaranse ata 3 (tres) obras diferentes.
• O papel non debe exceder nin ser inferior aos 20 x 20 cm.
• Non hai medida mínima de imaxe.
• As obras non deben ser anteriores ao ano 2021, nin pertencer a artistas falecidos.
Premios:
1ro Premio: € 2000.-
2do Premio: € 1000.-
3ro Premio: € 500.-
Premio especial ao artista galego/a: € 1000.-
Xurado:
Leonardo Ríal, pintor e gravador; Xoán Pastor, Director do Museos¡o das Artes, de Riberira;
Yolanda Carbajales, Licenciada en Belas Artes na especialidade de Deseño e Audiovisual, pola
Universidade de Salamanca e gravadora; Néstor Goyanes, (Buenos Aires) Profesor Nacional de
Debuxo e Pintura e gravador; Virginia Ramírez Abreu, Doutora en Historia da Arte pola USC e
artista multimedia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *