A Área Sanitaria de Vigo ven de dotar á comarca do Morrazo de novas prestacións sanitarias. Así, desde o pasado luns día 12, o centro de saúde de Cangas conta cunha nova Unidade de Radioloxía en xornada de tarde, que da cobertura á poboación de Cangas e Moaña. Para isto foi necesario incrementar os recursos humanos cun novo técnico superior especialista en Imaxe Diagnóstica, que prestará servizo de luns a venres desde as 15.00 h. ás 22.00 h. Ademais, tamén dará apoio ao Punto de Atención Continuada (PAC) cando os profesionais o requiran.
Esta nova oferta asistencial, ven a ampliar a actividade da Unidade de Radioloxía de mañá. A previsión é que soamente na xornada de tarde se realicen unhas 6.500 probas diagnósticas anuais. Se trata de estudos de radioloxía simple como son as placas de tórax, músculoesquelético e abdome.
Mellora da atención sanitaria
En xeral, con esta nova oferta asistencial increméntase considerablemente a calidade asistencial prestada á poboación, xa que ademais de axilizar os tempos de espera para a realización destas probas diagnosticas, supón unha mellora na accesibilidade dos pacientes ao sistema sanitario.
A ampliación do horario, en xornada de tarde, é un feito de especial interese sobre todo para a poboación traballadora e escolar.