A Fundación explica que esta cifra representa un aumento de case o 30% en comparación co mesmo período do 2020

Humana Fundación Pueblo para Pueblo recuperou 23.466 quilos de téxtil usado en Marín durante o primeiro semestre de 2021, para darlles unha segunda vida a través da reutilización e da reciclaxe. Ese é o dato que aporta a organización e que representa un aumento do 27,7 % respecto aos primeiros seis meses do ano pasado, cando se recolleran 18.370 quilos de roupa.

“Estas máis de 23 toneladas equivalen a 105.000 prendas cuxa xestión, que permitirá alongar a súa vida útil, implicará un dobre beneficio: ambiental, porque reduce a xeración de residuos e evita que acaben nun vertedoiro, e de recuperación do residuo textil”, explican desde a fundación.

Ademais, destacan o beneficio social que supón ter activa esta iniciativa, grazas á creación de emprego verde. “Humana xera un emprego indefinido por cada 30.000 quilos de roupa recollida”, explican, ademais de destinar parte dos recursos obtidos a proxectos sociais.

Desde o Concello de Marín apostan por seguir fomentando esta boa práctica, poñendo a disposición da cidadanía este tipo de colectores en sitios céntricos e de fácil acceso, que faciliten a reciclaxe de roupa, impulsando deste xeito a reutilización dos recursos e a economía circular.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *