A alcaldesa e a concelleira no paseo.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, visitaron hoxe o Paseo Alcalde Blanco donde puderon observar as zonas máis verdes, a colocación de xogos infantís, das varandas tanto no paseo como na zona do mirador, estando nestes momentos pendentes de varios aspectos.

As obras continúan e seguen traballando no local de hostalería, na zona de madeira do paseo, na parte verde de plantación, na parte dos xogos de auga, tendo acometido nestas semanas as conexión necesarias ás redes tanto de auga como de saneamento. Está colocado o novo alumeado e continúan a bo ritmo o resto das partidas pendentes de executar con respecto ao mobiliario. Nas próximas semanas se impulsará xa o remate final.

As melloras xa son evidentes tanto na pavimentación, dos espazos e zonas
verdes e na iluminación.

As obras son financiadas ao 80% polos Fondos Feder na estratexia DUSI onde
un dos eixos importantes e mellorar, poñer en valor e potenciar zonas cun alto
valor paisaxístico e ubicadas estratéxicamente.

Se está facendo seguimento da mesma por parte da dirección da obra e de
persoal municipal, tendo en conta que os avances que quedan serán
concretados para ir rematando as melloras pendentes.

O obxectivo fundamental e poder contar cun espazo máis utilizable, onde
convivan máis presenza e atractivo para os nenos, os que pasean, tratar de
buscar zonas máis cómodas e desfrutar dun entorno natural, a zona de
pescadores está sendo tamén tida en conta e polo tanto pretende ser unha
zona moito máis utilizada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *