Portais da Praza de Abastos de Marín.

O prazo de presentación de ofertas para poder concurrir á concesión dos postos dispoñibles nas prazas de abastos de Marín e de Seixo remata hoxe luns. O Concello lembra que nestes momentos está aberta a licitación para a concesión, durante 30 anos, destes espazos.

De xeito concreto, estes son os postos que se ofertan:

Mercado de Seixo
● Dous de carnicería, chacinería, conxelados, pan, derivados de fariña, leite e os seus derivados, froita, verdura e demais produtos alimenticios, agás peixe fresco.
● Dous de peixe fresco.
Mercado de Marín
● Un de carnicería, chacinería, conxelados, pan, derivados de fariña, leite e os seus derivados, froita, verdura e demais produtos alimenticios, agás peixe fresco.
● Dous de peixe fresco
● Tres de actividade comercial de diversa índole e actividades relacionadas
coa hostalería

A presentación de ofertas e documentos, así como as notificacións e comunicacións entre o órgano de contratación e as persoas interesadas neste procedemento realizarase exclusivamente a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, no seguinte enderezo electrónico: https://contrataciondelestado.es

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *