A Garda Civil en una actuación de rescate en Aldán.

Unha ambulancia desprazouse ata o Peirao de Aldán para trasladar ao mariñeiro ata o Centro de Saúde da localidade e que logo derivaron ao Hospital.

Segundo informou o persoal de Salvamento Marítimo ao 112 Galicia, tratouse dunha embarcación pesqueira, que tras bater contra unha batea, deixou ferido ao pescador tras ser golpeado.

Sobre as cinco e media desta madrugada, unha persoa particular solicitaba unha ambulancia para o Peirao de Aldán. Indicaba que ían nunha embarcación que batera contra unha batea e un dos tripulantes levara un golpe.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do persoal do Servizo de Garda Costas de Galicia e de Salvamento Marítimo. Así mesmo, informaron da situación á Garda Civil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *