Mariano Abalo, concelleiro de ACE no goberno de Cangas e número 11 na candidatura de Alternativa dos Veciños.

Asegura que o » burato económico» por Promalar e Massó supera os seis millóns de euros

O concelleiro de Facenda de Cangas, Mariano Abalo, acusa ao PP de levar ao Concello a unha situación «crítica» que pode provocar a «bancarrota». Xustifícao asegurando que o consistorio soporta un «buraco económico» proveniente do goberno que xestionaba Xosé Enrique Sotelo que alcanza os 6.138.618 euros por mor de varias sentenzas xudiciais.

A última polo caso Promalar, que condena ao Concello a pagar á Administración Concursal dous millóns de euros dos que 1,38 corresponden a intereses da mesma sentenza, agora en trámite de apelación. A isto súmase, explica Abalo, o que xa leva pagado pola primeira sentenza. En total, indica o concelleiro, un «quebranto económico» de 4,2 millóns de euros.

A isto suma a débeda reclamada polo convenio de Massó, uns 1,5 millóns de euros e as sentenzas xudiciais que «que o PP non afrontou no caso Acciona» (68.301 euros) e Seragua (354.000 euros), que podían ser 517.807 euros de non ser pola defensa xudicial que evitou o pago desta contía.

Por tanto, Abalo conclúe que «os pelotazos do PP poden provocar a bancarrota do Concello pola política irresponsable e especulativa».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *