Desde a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO – anúnciase a continuación da campaña de promoción do sistema de LOXÍSTICA DE ENVÍOS do Comercio do Morrazo no mes de abril, que xa se puxera en marcha a principios do mes de marzo.

A campaña evolucionou moi ben durante estas semanas pasadas, logrando unha boa acollida por parte de clientes e empresas asociadas. Gracias a este éxito e debido á realidade actual da necesidade de adaptarse aos novos tempos dixitais por mor ás continuas restricións derivadas da pandemia, dende Fecimo decidiuse seguir coa iniciativa da bonificación, por parte da Federación, dos custos de envío dos pedidos para entrega en domicilio que se fagan naqueles establecementos
asociados.

Desta forma, tanto negocios como clientes saen beneficiados desta iniciativa que
pretende dinamizar esta nova forma de consumo tamén durante o mes de abril.
«En abril, envíos mil» é o reclamo desta campaña que anima ás persoas consumidoras a seguir confiando no comercio local e incentivando as compras e pedidos realizados no comercio de proximidade. Nas mesmas condicións que a anterior, segue sendo válida tanto para o gran Marketplace do Comercio do Morrazo que se puxo en marcha a finais do ano pasado na url (compranomorrazo.com), como para as propias canles de venda que teña o establecemento adherido (telefónica, Instagram, Facebook, WhatsApp e outras).

Seguindo a filosofía da federación, con estes proxectos pretenden seguir sendo referentes na dixitalización do tecido comercial e empresarial da comarca do Morrazo. En concreto, combinando o centro online do comercio local e os envíos gratuítos (bonificados pola federación), tanto clientes como empresas asociadas, seguirán beneficiándose de tódalas vantaxes destas novas fórmulas de compra tan demandadas actualmente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *