Un home de 68 anos faleceu esta mañá por mor de infarto cando se atopaba nas instalacións da piscina municipal de Moaña. Ocorreu pasadas as nove da mañá cando, segundo testemuñas, o sexagenario sentiu indisposto mentres se atopaba nadando. Unha vez fose da auga os servizos de emerxencia que se trasladaron ao lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida. Nese momento as instalacións quedaron precintadas á espera do levantamento do cadáver, feito que se está producindo neste momento.
O suceso xerou gran expectación entre os usuarios da piscina e tamén fora por mor do despregamento policial e de emerxencias. Ata este punto trasladáronse dous coches da Policía Local de Moaña, Garda Civil e dúas ambulancias, ademais da alcaldesa, Leticia Santos.