O futuro aparcadoiro de Domaio.

A Xunta licitou hoxe por 877.627 euros as obras de construción do aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido, asociado á implantación de zonas de baixas emisións, na estrada autonómica PO-551, en Domaio, en Moaña.

A Plataforma de Contratos Públicos da Xunta recolle hoxe o inicio da contratación do primeiro dos aparcadoiros disuasorios proxectados pola Xunta no Morrazo, co obxectivo de mellorar a mobilidade entre os núcleos da comarca do Morrazo e as áreas de Vigo e de Pontevedra.

As empresas interesadas nesta obra teñen de prazo ata o vindeiro 17 de abril para presentar as súas ofertas, sendo o obxectivo da Xunta comezar os traballos no verán. En concreto, este aparcadoiro disuasorio na PO-551 situarase nas proximidade do enlace de Rande e proxéctase como prolongación do xa existente na marxe dereita da estrada autonómica, no punto quilométrico 33+250.

Este aparcadoiro contará cun total de 75 prazas, 2 delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida e 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos.

O aparcadoiro disporá de carrís de circulación interior dun só sentido e unha banda perimetral
de itinerario peonil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *