Os axentes da Garda Civil, na tarde do sábado ás portas da vivenda do crime.

Pasadas as tres desta tarde saltaba a voz de alarma na parroquia de Tirán. O fillo da muller de 72 anos, Cándida Soaje, trataba de entrar na vivenda e ao non poder, deu aviso a emerxencias. Cando conseguiron acceder á casa, na PO-551, nas inmediacións da baixada ao cámping de Tirán, tras romper unha xanela, atopáronse o cadáver da muller tendida na planta baixa do inmoble e, en principio, con signos de violencia. Según fontes policiais, tiña as mans maniatadas.

Ata o lugar trasladáronse os Bombeiros do Morrazo para a apertura da vivenda, Policía Local, Emerxencias do 061 e Garda Civil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *