Un neno tivo que ser evacuado en helicóptero medicalizado ao caerlle enriba un portal en Vilaboa.

Os servizos sanitarios foron os que lle deron o aviso ao 112 Galicia, ás 17:30 horas de onte. A información ofrecida aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foi que un menor foi alcanzado por un portal no lugar de Bértola e que a aeronave se desprazaba ata alí para atendelo coa maior brevidade posible.

De inmediato, desde o CIAE-112 informouse á Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Vilaboa e Soutomaior. Estes últimos estiveron colaborando coas forzas da orde para que as manobras de aterraxe e despegue da aeronave puidesen ser concluídas con seguridade.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí