Imaxe dun vertido.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais no lugar da Madalena, en Cangas. Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este punto de vertido tras unha alerta comunicada polo Servizo de Emerxencias do 112. Os inspectores autonómicos localizaron deficiencias nun entronque de augas residuais á rede municipal de saneamento, que orixinaba aportes irregulares.

Estas irregularidades foron comunicadas ao ente titular destas instalacións para que adoptase as medidas oportunas para a emenda do vertido.

Nunha nova inspección xirada ás instalacións por parte do persoal inspector, constatouse o arranxo da rotura detectada na condución, eliminando así o vertido irregular ao dominio
público.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí