Estado dos contedores en Cangas.

O Partido Popular de Cangas faise eco das queixas veciñais sobre as graves deficiencias no servizo municipal de recollida do lixo xestionado a través da Mancomunidade do Morrazo cuxo contrato encóntrase vencido dende o 30 de outubro do 2020. “Dende entón estamos a contemplar un gran deterioro do servizo que agrávase aínda máis nestas datas estivais no que se multiplica a poboación e por tanto a xeración de residuos” explican dende o grupo municipal. “En paralelo levan anos enredando sobre a posible municipalización que non chega nunca e sen tomar medidas ante unha situación que xa é insostible” continúan. “Mentras isto acontece nos atopamos cunha noticia de que se van a gastar 137.000 euros en ‘supervisar’ os composteiros a través dunha empresa privada. Outro exemplo de despilfarro e que volve a demostrar que son de municipalizar de boquilla” engaden.

Dende a formación sinalan que non están en contra da xeración de compost como ferramenta de reducción de residuos pero encontran “incongruente” gastar esos fondos públicos cando o servizo está cada vez nunha situación máis precaria. “Debe de haber prioridades. É un insulto á veciñanza que se fagan estos anuncios mentras o lixo se acumula por fóra dos contedores, a maioría deles rotos e sen a limpeza mínima, pola escasa frecuencia na recollida máis se cabe coas altas temperaturas propias da estación do ano” abundan. “Despois, e co paso do tempo nos atopamos que nin tan siquera se cumpren eses anuncios. Un exemplo disto foi o anuncio o ano pasado da instalación de contedores marróns para bioresiduos, unha esixencia da lexislación vixente, e que polo de agora non atopamos ningún no noso concello” denuncian. “En definitiva, menos propaganda e máis recollida do lixo” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *