A portavoz do BNG de Cangas, Mercedes Giráldez, esta mañá en Rodeira.

O BNG de Cangas exixe responsabilidades políticas e a dimisión dos responsables das áreas implicadas, Alcaldía e resto de goberno por complicidade nesta «desfeita ambiental». A falta de planificación, de iniciativas, de xestión, con actuacións «a brava» e a «prepotencia» non son de recibo. Deberían presentar a súa dimisión por
incapacidade. Especialmente, as concellerías de Obras, Medio Ambiente, Desenvolvemento Local e Deportes gobernadas polo PSdeG pero tamén a de Servizos porque a maquinaria que traballou pertence ao departamento que dirixe a edil de EU, Aurora Prieto. Precisamente, esta é a única que contaba cunha autorización de Costas para a retirada manual da maleza pero que nada ten que ver co que se fixo no areal.

«O intento de utilización das asociacións de comerciantes por parte do goberno,
nomeadamente o psoe ao completo e EU nunha reunión extraordinaria esta mañá
para instigar e enfrontalos ás asociacións ecoloxistas e grupos políticos como
fixeron co “Plan Concellos” en palabras deles, para que detiveran as protestas
polas nefastas actuacións na praia de Rodeira nunha desfeita ambiental que
calificamos como delito ambiental, culpabilizando a outros de ter que trasladar
o evento do campionato ao concello de Moaña tentando escapar das súas
responsabilidades, merecen a reprobación e exixir a súa dimisión», critican dende o BNG. Pola súa parte, Prieto do EU, asegura que non participou nesa reunión e deféndese alegando que ela únicamente ordenou a limpeza manual do areal e coas máquinas para a praia. Asegura que as excavadoras que estes días traballaron en Rodeira non pertencen a Servizos.

Sen embargo, dende o BNG, insisten en que, este goberno está a demostrar que «non sabe xestionar, que so vive de titulares e de mentiras culpabilizando aos outros grupos das súas propias eivas». «Terán que explicar porque actuaron sen as autorizacións pertinentes xa que o único permiso que tiñan de Costas era para limpeza manual e con limpapraias para retirada de maleza, non para desfacer as dunas, movemento de area, cambio do perfil da praia e destrucción de especies protrexidas».

Posibles alternativas para a celebración do campionato

Terán, engaden, que explicar «porque no canto de ter planificado e buscar alternativas e outras posibles ubicacións agora van para outro concello cando Cangas patrocina unha parte del buscando culpables dos seus propios erros».

Tamén denuncian «a pasividade de Costas que non actuou nin se achegou para comprobar os traballos logo mesmo das denuncias presentadas, con feitos consumados deixando pasar os días para que celebrasen o campionato sen protexer o que é da súa competencia».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *