O Auditorio de Cangas ten previsto un programa de actividades para o próximas dez semanas. Un total de 20 espectáculos que xa comezaron e que continuarán coa exposición «Punto e seguido» da Federación Galega de Dano Cerebral ata o 2 de novembro.
Este venres 15, cinema club co filme Outra Rolda por 4 euros e o sábado 16 teatro de Rede Redrum coa obra O Mozo da Última Fila, patrocinada por Concello e AGADIC. O día 20 ás 20:00 horas a Banda de Música Belas Artes dará o concerto de Sta. Icia con entrada gratuíta.
O xoves 21 a pianista Estefanía Cereijo presentará o seu concerto Redención con entrada gratuíta. O 23, Jaime Caravaca e Grison Beatbox e o venres 29 Cinema.
O 25 Alasdair Fraser& Natalie Hass tamén poñerá a música sobre o escenario con entradas a 15 euros.
Iria Pinheiro presentará o sábado 27 de novembro Anatomía Dunha Serea grazas ao patrocinio do Concello de Cangas e de AGADIC que permite acceder por un prezo simbólico de 5 euros.
Xa en decembro, o venres día 3, cinema club coa proxección V.O. S.E. e o día seguinte Juan Muñoz, ex membro de Cruz e Raia, presentará a súa obra de teatro Mil Maneiras de Rir. A entrada anticipada terá un prezo de 14 euros. O venres 10 novamente V.O. S.E. e o sábado 11, ás 18:00 horas, Educa Teatro traerá Os Tres Porquiños con acceso por 10 euros.
O 18 de decembro pechará a programación Dúas Pedras non Camiño de Mofa& Befa, tamén cofinanciada polo Concello e AGADIC.