Os veciños na rúa durante a extinción do incendio.

Os Bombeiros do Morrazo extinguiron as lapas e, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Ao fío das 22:30 horas da pasada noite, un particular chamaba ao 112 Galicia para indicar que vía saír fume dunha vivenda dun edificio fronte á súa casa, situado na Rúa de Ferrol, en Coiro, en Cangas, polo que, nese intre, os xestores de emerxencias avisaron aos Bombeiros, que saíron de inmediato cara o lugar.

Segundo indicaba outro alertante cando tamén chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, él, atopábase fora da súa vivenda e precisaba que unha campá extractora podía ser a causa da orixe do lume. Aseguraba ademais que estaba ben, que non necesitaba asistencia sanitaria.

Aínda así, os profesionais sanitarios derivaron ata o lugar unha ambulancia, por se nalgún momento fose necesario evacuar a algún dos veciños.

Tras finalizar as tarefas de extinción, os Bombeiros indicaron que ardera parte do mobiliario da cociña da vivenda afectada.

Ademais do persoal sanitario e dos profesionais de extinción tamén foron informados a Garda Civil, os Bombeiros de Vigo e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *