Reunión do goberno local coa hostalaría de Vilaboa en novembro.

Os vales, solo para persoas empadroadas en Vilaboa e maiores de 18 anos, teñen un valor de 5 euros para bares e 15 para restaurantes, canxeables coas consumicións

O Concello de Vilaboa abre o prazo para que os consumidores soliciten os seus Bonos Consume, una iniciativa que busca incentivar o consumo na hostalaría tralo parón postpandemia e que agora volve resentirse debido á inflación derivada da guerra provocada por Rusia.

Cinco restaurantes (Mauro, Casa Aurelia, A casa de Rosa da Mazaroca, O Morruncho e A Garboa) e outras cinco cafeterías (El Descanso, bar Capricho Miramar, O Toxo, Salinas de Ulló e bar Anxo), sumáronse a esta iniciativa de xeito que os clientes de Vilaboa poderán canxear os seus vales cando visiten estes establecementos.

Desde o Goberno municipal consideran que agora máis que nunca é necesario dinamizar o consumo na hostalaría local e animan á cidadanía a apoiar tanto a este sector como ao comercio local nas súas compras diarias.

Vilaboa habilitou unha partida orzamentaria des 25.000 euros para sacar ao mercado un paquete de bonos que beneficie directamente aos consumidores e consumidoras de Vilaboa que terán de prazo ata o 30 de abril para canxear os seus vales. Trátase dunha iniciativa coa que o goberno local quere reactivar a economía do municipio.

Destas axudas poderán beneficiarse todos os veciños e veciñas de Vilaboa, que estén empadroados no municipio e que teñan máis de 18 anos. Todos eles poderán solicitar os dous bonos que oferta o Concello, un de 5 euros para consumir en bares e cafeterías e outro de 15 euros para restaurantes.

Cada persoa poderá elexir en que local gastar o seu bono, dos que estén dispoñibles no momento de recoller o bono, e o importe será deducido das consumicións que faga ata o día 30 de abril. Técnicos municipais levarán o control dos bonos entregados e elaborarán unha listaxe de beneficiarios facilitando copia a cada establecemento adherido para que poidan realizar as comprobacións pertinentes. Despois do 30 de abril, bares e restaurantes deberán aportar facturas ou tickets para xustificar o gasto e percibir a subvención municipal. Esta subvención ao consumo reforza a partida de 25.000 euros en axudas directas que o Concello xa destinou ao sector hostaleiro.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, e a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, mantiveron a principios de novembro unha reunión cos propietarios de restaurantes e cafeterías do municipio para explicarlles con detalle o contido desta convocatoria e consensuala co sector.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *