Inaugurarase esta tarde e permanecerá ao dispor do público ata o 18 de xuño
«Só morre quen é esquecido…», con esta frase a asociación quere facer unha homenaxe á xente do mar. Con ela e coa súa exposición «Naufraxios», que xa estivo en Moaña e que agora se instala na Capela do Hospital de Cangas. Inaugurarase esta tarde ás 18:00 horas e permanecerá aberta ao público ata o 18 deste mes.
Quen se achegue a esta cita poderán ver maquetas únicas de pecios no fondo mariño, algo «moi especial» e «nunca antes visto», explica o presidente de Devanceiros, Cristóbal Cordeiro. Tamén haberá unha sección especial de máquinas, de Salvamento Marítimo, unha colección de fotografías antigas nas que poderán verse, por exemplo, como era zona do Vaticano de Moaña cando funcionaba como barrio pesqueiro e mesmo imaxes cedidas pola TVG nas que se mostrarán os naufraxios que máis mortes causaron na comarca. Devanceiros quere deixar claro que nesta colección foxen do «morbo» e que só se busca render unha homenaxe desde o recordo «para que as familias non sentan doídas».