«Quería matar o bispo pero fun a matar a este ‘hijoputa'», isto é o que expresou o veciño de Bueu detido na tarde do pasado venres pola Policía Nacional da capital galega cando agrediu cun portaminas ao sacerdote que se atopaba oficiando a misa na Catedral de Santiago. Trátase dun cidadán de 44 anos que podería ter problemas mentais, aínda que isto non está confirmado porque non existe un informe psicolóxico que o avale.
A agresión produciuse no momento no que o cura estaba a dar a comuñón aos fieis.
Afortunadamente o sacerdote só resultou ferido leve na cara e no pescozo xa que o portaminas non tiña moita rixidez. Pola contra, as consecuencias fosen moito maiores.
O buenense foi trasladado aos calabozos da comisaría de Santiago á espera de pasar a disposición xudicial. Acúsaselle dun delito de lesións e outro de ameazas.